Fauna desaparecida
- Paula Rodríguez Domínguez
- 22 nov 2018
- 1 Min. de lectura
Xa estamos elaborando o boletín anual de Ridimoas que cada ano se lle envía aos socios e socias.
Este ano incluímos entre a fauna desaparecida ao falcón peneireiro lagarteiro (Falco tinnunculus), ave moi abundante, que permanecía queda no ceo cando procuraba alimento e que, precisamente por isto, xunto con ser unha ave sedentaria que non emigraba tralo verán, converteuse en presa fácil de caza, sendo tiroteada sistematicamente e os seus niños espoliados, causando directamente a súa total desaparición na nosa zona. Actualmente a súa recuperación non é posible pola perda de calidade dos hábitats.
Na foto podemos ver a un macho inmaturo, ferido na á dereita por un tiro, e que foi un dos últimos exemplares que observamos, nos anos 90.
