Buscar
O fungo da uz
- Paula Rodríguez Domínguez
- 20 nov 2018
- 1 Min. de lectura
En Ridimoas, as uces (Erica arborea e Erica australis) son abundantes e, con elas, o fungo de cor negra que lles cobre tronco e pólas.
Grazas á análise das mostras recollidas no bosque pola doutoura Paula Lorenzo Rodríguez, das universidades de Vigo e Coimbra, e analizadas pola doutora Marisa Castro, da universidade de Vigo, agora sabemos que se trata do fungo Hormiscyum ericae, e que convive en simbiose coa uz, sen que pareza causarlle dano.
