top of page
Buscar

Día Mundial do Medioambiente: aínda moito por facer...

  • Paula Rodríguez Domínguez
  • 5 jun 2018
  • 1 Min. de lectura

E no día do medio ambiente temos que lamentar a morte a paus desta inofensiva cobra de escada (Rhinechis scalaris) adulta, á que mataron a golpes na cabeza e no espiñazo, e que atopamos tirada nun colector do lixo...


A administración ten que actuar; así como gasta recursos en publicar libros, guías e poñer letreiros sobre a caza, ben podía facer o mesmo para a divulgación das especies protexidas, sobre todo no rural, e para tomar as medidas oportunas ante actos así, xa que estes réptiles seguen a sufrir a crueldade humana sen que pase nada por iso.


En contraste co anterior, hai uns días un veciño de Beade alertounos de que outra cobra de escada se lle metera na casa, e puidemos recollela e devolvela á liberdade no noso bosque. Compartimos o video do momento inmediato á súa solta, refuxiándose nun muro de orientación sur.


 
 
 
bottom of page