Buscar
As póutegas e a carpaza de flor amarela.
- Paula Rodríguez Domínguez
- 15 may 2018
- 1 Min. de lectura
Durante as visitas que estamos recibindo nestes últimos días temos un novo acicate, xa que podemos mostrar as póutegas (Cytinus hypocistis), que, como tódolos anos, no mes de maio, reaparecen no bosque Ridimoas parasitando a raíz das carpazas de flor amarela (Halimium lasianthum alyssoides).
Esta especie vexetal, moi descoñecida, tamén a recollemos na nosa nova Guía de visitas ao bosque.
Fotos tomadas hoxe, na paraxe do Valdasmo.

Póutegas na raiz da carpaza de flor amarela.

Carpaza de flor amarela.

Póutegas na raiz da carpaza de flor amarela.