Buscar
Itinerario percorrido Asemblea 2018
- Paula Rodríguez Domínguez
- 12 mar 2018
- 1 Min. de lectura
Moitísimas grazas a todas as persoas que vos achegastes onte á asemblea, que a pesar do mal tempo pronosticado (boísimo para o bosque) foi moi numerosa! Grazas tamén ás que nos acompañastes no itinerario da tarde, percorrido no que as raiolas de sol nos permitiron visitar o muíño e hábitat asociado da paraxe A Barbaña.
Hai 259 anos, frai Ceferino Antonio Martínez Prego de Montaus, presbítero da igrexa de Beade, tomou posesión do muíño da Barbaña, vencellando a súa historia á da encomenda de Beade. Hoxe, os copropietarios da asociación Ridimoas collemos o relevo e tomamos posesión para compartir este legado coas futuras xeracións.