Buscar
Merlo Rieiro
- Paula Rodríguez Domínguez
- 27 feb 2018
- 1 Min. de lectura
O 22 de febreiro de 2018 observamos un merlo rieiro (Cinclus cinclus) na parcela mercada en 2017 na paraxe da Barbaña, voando pegado ao leito do regato. Este merlo é un bioindicador da pureza das augas continentais e aliméntase de larvas e insectos acuáticos. A primeira observación que temos anotada desta ave, arredor da zona, foi en xaneiro de 1996. Alégranos volver atoparnos con ela tanto tempo despois.
Debuxo do natural de Pablo "Oitabén".
