Buscar
Martiño peixeiro
- Paula Rodríguez Domínguez
- 20 feb 2018
- 1 Min. de lectura
A finais do ano pasado mercamos a parcela co muíño e o hábitat asociado ao mesmo e, dende entón, estamos a traballar no acondicionamento da paraxe, grazas á axuda dos voluntarios que vos achegades ata aquí.
Onte, mentres recolliamos mostras de auga para a análise do regato A Barbaña, que pasa a carón do muíño, levamos a gran sorpresa de sermos sobrevoados por un martiño peixeiro (Alcedo atthis), o cal levabamos moito tempo sen observar nesta zona e dános esperanza na recuperación que estamos a realizar nesta paraxe fluvial do bosque Ridimoas.

Foto: Eduardo Cubera Pereira.