Buscar
O triste aturuxo do pombo
- Paula Rodríguez Domínguez
- 27 ene 2018
- 1 Min. de lectura
Os pombos (Columba palumbus) están a tomar posesión dos seus territorios, deixando oír, dende a mañá cedo, os seus inconfundibles aturuxos.
Algúns grupos terán que recompoñerse despois da tolemia da caza menor, que segou a vida dos que se aventuraron fóra do noso Refuxio de Fauna.
Os pombos son arborícolas e o noso bosque élles un seguro de supervivencia. Desgrazadamente, moitas poboacións de pombos perderon o seu hábitat natural cos incendios que carbonizaron miles de hectáreas de bosques galegos e, despois diso, tiveron que sobrevivir aos tiros de escopeta.
Pincha na imaxe para saber máis sobre o pombo.