top of page
Buscar

A importancia da raposa

  • Paula Rodríguez Domínguez
  • 8 ene 2018
  • 1 Min. de lectura

Agora que empezan a remitir os tiros das escopetas e os días van aumentando, xa se empeza a escoitar en Ridimoas a chamada de celo das raposas (Vulpes vulpes), que dura de novembro a marzo. As raposas, cos seus excrementos, dispersan unha gran variedade de plantas e árbores, como as cerdeiras, érbedos, estripeiros, etc. que existen grazas a este fermoso cánido salvaxe. O seu labor vai ser moi importante na recuperación dos carbonizados montes galegos. Ilustramos esta nota de campo cun coidado debuxo realizado polo socio Isidoro Terrón Calvo.


 
 
 
bottom of page