top of page
Buscar

Naturavia colabora con Ridimoas

  • Paula Rodríguez Domínguez
  • 4 dic 2017
  • 1 Min. de lectura

Naturavia é unha empresa do Ribeiro dedicada á Cosmética Ecolóxica. Levan anos elaborando produtos de calidade para o coidado da pel, cos ingredientes que os bosques galegos lles ofrecen e co compromiso firme de respecto pola natureza. Dende o inicio e ata o final do proceso de produción, coidan moito dos seus produtos, sen engadir colorantes nin parabenos, sen derivados do petróleo e sen testar os produtos en animais!


Ademais de ser un exemplo de empresa concienciada co entorno e o medio ambiente, agora temos que agradecerlle a Naturavia a súa axuda na conservación do noso bosque, con diferentes promocións dos seus produtos en colaboración coa asociación e con descontos para socios.


Se es socia ou socio, goza de descontos en tódolos produtos Naturavia! So tes que darlles o teu número de socio e poderás mercar cun 5% de desconto na súa tenda!


Máis información sobre o proxecto de colaboración aquí


Web Naturavia:

 
 
 
bottom of page