Comezamos coas tarefas de limpeza do muíño
- Paula Rodríguez Domínguez
- 27 nov 2017
- 1 Min. de lectura
Xa fixemos os primeiros arranxos no tellado do muíño e tamén extraemos os dous rodicios, que estaban soterrados despois de tanto tempo en desuso e abandono. Tras este traballo urxente para evitar que o deterioro continúe, agora imos centrar o esforzo en abordar as tarefas de limpeza do arredor e deixaremos os labores de restauración e reconstrucción para despois da asemblea anual de 2018.
Moitísimas grazas a todas as persoas que vos achegastes nestas semanas a botar unha man, o traballo de limpeza continúa!

Interior muíño.

Rodicio para o millo.

Rodicio para o centeno.

Agulla do rodicio para o millo.

Toda a terra e lodo acumulados durante anos e extraídos durante o desenterro dos rodicios.

A agulla e arandelas do rodicio de centeo.

Traballando para extraer un dos rodicios.

A caseta a carón do muíño e a egua Mancha asomando a cabeza!

Limpeza dos rodicios.
Fotos: Paula Rodríguez