top of page
Buscar

Xornada de Concienciación: custodia e territorio

  • Paula Rodríguez Domínguez
  • 9 nov 2017
  • 1 Min. de lectura

O vindeiro 26 de novembro asistiremos á Xornada de concienciación: Custodia do Territorio. Ditas xornadas pecharán as VI Xornadas de Concienciación ecolóxica organizadas pola TrezeCatorze, neste caso en colaboración con ESF Galicia dentro da actual convocatoria de Educación para o Desenvolvemento financiada pola Xunta de Galicia. O domingo 26 de novembro, as 11:00 h, reunirémonos no auditorio municipal do concello de Salceda de Caselas con outros compañeiros para tratar este tema: Asociación Galega de Custodia do Territorio, o Grupo de Traballo da SGHN “Valora Natura- Gándaras de Budiño” e a Comunidade de Montes de Teis (Vigo).


Aínda que moitos non o saiban, Galicia leva séculos custodiando os seus montes, pero as ferramentas non sempre son ben usadas. A catástrofe sufrida polos incendios do pasado mes de outubro é mostra desta realidade. Durante as xornadas falarase das potencialidades e das limitacións que ten esta ferramenta como medio para a prevención de incendios.

 
 
 
bottom of page