top of page
Buscar

Participa na restauración do muíño

  • Paula Rodríguez Domínguez
  • 5 nov 2017
  • 1 Min. de lectura

Como xa vos fomos contando, estamos a piques de rematar a merca por 7000 euros dunha parcela de 3.094 metros cadrados, na paraxe da Barbaña (parcela 385, polígono 44), no concello de Leiro lindando co de Beade (Ourense) na que se encontra un fermoso muíño medio en ruína. Para a restauración do mesmo imos precisar da vosa axuda. Aínda falta por concretar cando se fará, pero contamos con comezar nada máis pasaren as choivas destes días.


Os labores a desenvolver serán:

- roza do silveiral da zona exterior; - restauración do tellado; - desentullo: retirada de lixo, etc. - restauración de pezas: como o eixe do rodicio, moega, etc.


Aquelas e aqueles que esteades interesados en botar unha man podedes ir poñéndovos en contacto connosco a través do correo electrónico asociacion@ridimoas.com, indicando en que labor credes que encaixades mellor; tamén podedes propoñernos o día. Por favor, poñédevos en contacto se credes que podedes ser de axuda, e no caso de ter algún tipo de ferramenta, material ou documentación sobre os muíños que poida ser últil tamén o agradeceríamos moito!


Moitísimas grazas!


Foto: Xosé Ramón Pousa Estévez.

 
 
 
bottom of page