Solta dun buxato
- Paula Rodríguez Domínguez
- 7 ago 2017
- 1 Min. de lectura
Hai uns días trouxéronnos un miñato negro (Milvus migrans) femia que encontraran deitado no chan, sen forzas.
Cando o examinamos comprobamos que levara un pequeno golpe na cabeza, posiblemente cun cable ou cun coche, e tamén vimos que estaba moi fraco, polo que debía de levar varios días nesta situación. Tras comprobar que a lesión non parecía moi importante, comezamos a alimentalo, primeiro embuchándoo, ata que, pouco a pouco, comezou a comer de seu e a aumentar de peso. Onte xa estaba listo para regresar á liberdade, totalmente recuperado. Aquí vos deixamos o momento no que esta fermosa ave puido volver voar.
Grazas ás persoas que o recolleron e nolo trouxeron; grazas a elas, este miñato tivo unha segunda oportunidade.