top of page
Buscar

Lixo agochado

  • Paula Rodríguez Domínguez
  • 10 sept 2017
  • 1 Min. de lectura

Hai uns días puxémonos a limpar o camiño da Estantiga, que permitirá acceder con máis facilidade ao bosque. Este camiño levaba en desuso moitos anos e estaba cheo de mimosas (Acacia dealbata). A limpeza deste camiño correu a cargo de Medio Rural, a proposta da nosa asociación, e co compromiso de mantelo limpo.


A medida que fomos retirando as mimosas descubrimos moreas de lixo, principalmente plásticos... parece que hai quen pensa que os montes tamén son vertedoiros.


Afortunadamente, agora xa está todo limpo, e debémoslle o éxito a nosa querida egua Mancha, que pouquiño a pouco axudou a transportar o lixo nunha zona de difícil acceso, ata o colector máis próximo.


Algúns dos restos que fomos encontrando a medida que abrimos o camiño.


A nosa compañeira, a egua Mancha.

Fotos: Oitaben

 
 
 
bottom of page