top of page
Buscar

A metamorfose da Bolboreta Raíña do Olmo

  • Paula Rodríguez Domínguez
  • 23 may 2017
  • 1 Min. de lectura

Ultimamente estivemos facendo seguimento dun dos grandes acontecementos da natureza, a metamorfose das bolboretas. Neste caso trátase da bolboreta Raíña do Olmo (Nymphalis polychloros). Comezamos coa foto que lle fixemos a un grupo de eirugas desta bolboreta nun salgueiro (Salix atrocinerea) no bosque Ridimoas, o 29 de abril.



A seguinte faseda metamorfose é a de crisálida. Na imaxe aparecen dúas e pasaron a este estado entre o 8 e o 9 de maio.



Trala fase de eiruga e crisálida, na seguinte foto podedes ver o momento no que unha destas bolboretas abandona a exuvia. Isto aconteceu o 20 de maio e o proceso durou arredor de 20 minutos.


E, por fin, as bolboretas completaron a metamorfose. Aquí vemos un dos imagos sobre a súa planta nutricia, o salgueiro (Salix atrocinerea) tras un total de 13 días desde que se convertera en crisálida. Desexámoslle o mellor a esta fermosa bolboreta!







 
 
 
bottom of page