top of page
Buscar

Día Mundial do Medio Ambiente

  • Paula Rodríguez Domínguez
  • 5 jun 2017
  • 1 Min. de lectura

Bo Día Mundial do Medio Ambiente!


En 2017 as celebracións e actividades centran o esforzo en conectar ás persoas coa natureza. Día a día compartimos a existencia con seres vivos impresionantes. Na foto podedes ver un cirrio (Apus apus) en Ridimoas, tras realizar unha viaxe migratoria por lugares como Uganda, Tanzania ou Kenya, durante o inverno, e que vén á península Ibérica para pasar a época estival. A súa visita brindános a oportunidade de comprobar que, a pesar de todos os perigos que durante a súa viaxe ten que afrontar tras percorrer arredor de 11.000 km anuais, esta ave migratoria conseguiu sobrevivir un aniño máis. Oxalá volvamos reencontrarnos o ano que ven.





 
 
 
bottom of page