top of page
Buscar

As follas da madreselva

  • Paula Rodríguez Domínguez
  • 26 ene 2017
  • 1 Min. de lectura

E como cada ano por estas datas, a madreselva (Lonicera peryclimenum) xa está botando as primeiras folliñas .

A madreselva é unha planta gateadora leñosa que pode acadar os tres metros de altura, abundante en Ridimoas, onde vexeta nas beiras dos camiños, enroscándose en arbustos e árbores. As súas follas constitúen o alimento das larvas negras da bolboreta diurna Euphydryas aurinia que as invaden dende os primeiros días da primavera.



 
 
 
bottom of page