top of page

Premio Arenteira 2016

  • Paula Rodríguez Domínguez
  • 19 nov 2016
  • 1 Min. de lectura

Pablo Rodríguez Oitabén ten unha cita o vindeiro venres no Hotel Arenteiro do Carballiño. O exprofesor do IES O Ribeiro e naturalista foi recoñecido cun dos premios Arenteira 2016 polo seu traballo a prol da natureza, polos moitos proxectos desenvolvidos ao longo de décadas e por ser o promotor da recuperación do bosque de Ridimoas. Unha experiencia, a deste espazo natural de Beade, que ten sido galardoada en moitos foros e por parte de varias institucións. Cando hai cinco anos tivo a oportunidade de xubilarse, polos anos de traballo no ensino, non o dubidou: «Porque así ía ter máis tempo para dedicarlle ao bosque». (Fonte: La Voz de Galicia)


 
 
 

Comments


bottom of page