Cómic e natureza nos anos 70
- Paula Rodríguez Domínguez
- 18 nov 2016
- 1 Min. de lectura
A Normal de A Coruña acolle desde o pasado día 17 a mostra BDG70: A revolta do cómic galego. O proxecto, que estará aberto ao público ata o vindeiro 31 de decembro, incide no papel desenvolvido polos pioneiros da banda deseñada en Galicia e os proxectos, tanto individuais como colectivos, que agromaron no país nun tempo no que o sector comezou a reivindicarse como tal. Un dos autores que forman parte da iniciativa é o ourensán Oitabén, nome co que asinaba naqueles anos Pablo Rodríguez, presidente da Asociación Ridimoas, quen rematou sendo coñecido popularmente como Pablo Rodríguez Oitabén. Varias portadas de Vagalume. Publicación infantil e xuvenil asinadas polo ourensán, viñetas a cor dos seus personaxes Sol, Por e Tarrantés, orixinais en branco e negro do seu traballo e pezas vencelladas co seu traballo -como unha pedra na que figuran pintadas algunhas das súas creacións ou una peza de cerámica que reproduce un dos seus personaxes- son algúns dos materiais de Oitabén que se poden ver na exposición de A Coruña. (fonte: La Voz de Galicia)