top of page
Buscar

Día de traballo

  • Paula Rodríguez Domínguez
  • 1 nov 2016
  • 1 Min. de lectura

Hoxe foi día de traballos no bosque: plantamos un virgondoiro (Celtis australis), retiramos un piñeiro caído no camiño e estivemos de vixilancia, xa que estamos en tempada de caza e sempre hai furtivos dispostos a entrar no Refuxio de Fauna.

Virgondoiro (Celtis australis) criado en maceta antes de plantalo no bosque.

Virgondoiro (Celtis australis) criado en maceta antes de plantalo no bosque. Hoxe veu axudarnos Diego, socio de Ridimoas.

Diego plantando a árbore.

A egua Mancha acompañounos e axudounos no labor de vixilancia.

Cortando un piñeiro seco.

 
 
 
bottom of page