Buscar
A herba carmín
- Paula Rodríguez Domínguez
- 14 oct 2016
- 1 Min. de lectura
Rematadas as vendimas os campos do Ribeiro perden as uvas que alimentaban a moitas especies de fauna silvestre. Agora, as bagueiras (Phytolacca americana) entran na cadea trófica do bosque, aportando os seus froitos.
A bagueira, chamada tamén "herba carmín" pode chegar a medir tres metros de altura, é orixinaria de América do Norte e tamén se emprega como ornamento e para extraer cor vermella.
