A importancia dos máis pequenos
- Paula Rodríguez Domínguez
- 23 ago 2016
- 1 Min. de lectura
No manexo da paisaxe cultural de Ridimoas hai que andar con moito xeito, pois os traballos da roza de estrume ou sega de herbazais poden facer moito dano co emprego de máquinas que levan por diante a vida de pequenos seres moi importantes para o ecosistema; por iso convén traballar o máis manualmente posible e elixir coidadosamente o momento da intervención humana.
Nestes días de agosto aínda están activos nos herbazais da paraxe do Valdasmo os fermosos escaravellos da especie Mylabris hieracii, que gusta das herbas altas, das flores e dos toxos. Tamén están activos moitos saltóns e as chicharras (Callicrania seoanei).

Escaravello de 15 mm de longo, da especie Mylabris hieracii. Parcela 76 do polígono 12. Foto de Xosé Ramón Pousa Estévez.

Chicharra (Callicrania seoanei) no cercado dos cabalos, parcela 335 do polígono 12. Foto de Pablo Rodríguez "Oitabén".