top of page

A labor contra o lume

Como cada ano, tódalas galegas e galegos asistimos ao desolador espectáculo de ver o lume devastando o noso territorio. Non podemos permitir nin asumir isto como inevitable, porque para nada o é: a tolemia dos incendiarios xúntase coa total e absoluta ausencia de conciencia e compromiso co medio ambiente dos que nos gobernan. Emporiso, non podemos deixarnos levar pola resignación, porque as cousas en materia forestal poden facerse mellor e debemos esixilo. A culpa de que todo arda non é dos montes e tampouco das matogueiras, tan necesarias para os ecosistemas.


En Ridimoas, como cada verán, estamos facendo labores de vixilancia permanente e observando todo o que nos rodea, para evitar que o traballo do ano se esvaeza. Hoxe fixemos dúas fotos, unha é a panorámica do bosque na parte alta e a outra é a foto dun toxo molar (Ulex minor) que nestes días está en flor; as dúas son imaxes amables para un día de tristura por tanta riqueza que con cada incendio se nos vai.






bottom of page