Buscar
Gravación en Super 8 do sapoconcho (1983)
- Paula Rodríguez Domínguez
- 2 ago 2016
- 1 Min. de lectura
Tralo inicio dos trámites para a urxente necesidade de protección do hábitat do sapoconcho (Emys orbicularis) no concello de Ribadavia, compartimos convosco a gravación máis antiga que temos desta especie; foi realizada en 1983, polo actual presidente de Ridimoas, Pablo Rodríguez, cando o sapoconcho aínda non estaba protexido. As imaxes foron tomadas en Super 8, no laboratorio de Ciencias Naturais da Universidade Laboral de Ourense. A selección dixital foi feita polo fotógrafo Mani Moretón.
Esperamos que todo acabe ben para este prezado réptil.