Buscar
Figueiras bevereiras
- Paula Rodríguez Domínguez
- 26 jul 2016
- 1 Min. de lectura
Estes días están a madurar as béveras das figueiras bevereiras (Ficus carica). O nome específico "carica" fai mención a unha antiga rexión do suroeste de Asia menor. Os figos, que constitúen a segunda colleita, madurarán por agosto e setembro.
En Galicia, como noutros eidos setentrionais, as figueiras cultivadas son adriáticas e as béveras e figos autofecúndanse por partenoxénese, é dicir, que o gameto feminino pode desenvolverse sen o concurso do gameto masculino.

As figueiras bevereiras aportan moita comida á fauna silvestre, por iso en Ridimoas contamos con varios exemplares.