top of page

O hábitat do sapoconcho ameazado no Ribeiro

O sapoconcho (Emys orbicularis L.) é o réptil máis ameazado de Europa e temos a grandísima sorte de que críe no Ribeiro, no areal do río Avia. Ante o anuncio polo concello de Ribadavia do proxecto dun novo vial de acceso ao polígono empresarial de San Cristovo, puxémonos en contacto con el para solicitarlle que se teña en conta o decreto da Xunta de Galicia 70/2013, do 25 de abril, polo que se aproba o Plan de recuperación do sapoconcho común, para que se preserve e protexa de vez o seu hábitat. Calquera intervención na zona, xa sexa cun vial externo ou dentro do polígono, pode afectar de maneira desastrosa á considerada pola Xunta como área prioritaria de conservación desta especie de tartaruga.


Preme na foto para acceder á noticia enteira publicada no periódico La Región:

Foto: Areal do Río Avia na localidade de San Cristovo (Ribadavia)

bottom of page