top of page
Buscar

Visitas escolares

  • Paula Rodríguez Domínguez
  • 13 may 2016
  • 1 Min. de lectura

Estes días tivemos moitas visitas! entre elas tamén varios Institutos de Ensinanza Secundaria, como o Mendel ou os Salesianos, de Ourense, cos que, entre outras cousas, puidemos ver ás píntengas (Salamandra salamandra gallaica) na última fase da metamorfose.


Hoxe viñeron de visita os do IES 12 de Outubro, tamén de Ourense e, no hábitat de anfibios na paraxe do Poenxo, tivemos a sorte de ver algúns exemplares de píntegas no intre de abandonaren a auga, o cal significa que a metamorfose rematou, polo que as branquias plumosas xa lles desapareceron e xa formaron totalmente os pulmóns para a vida terrestre, podendo chegar a vivir arredor de 50 anos.


Moitas grazas a todas e todos os que vindes de visita ao bosque e grazas, especialmente, a Andrea Abad e Amaya Dongxue Larrea Rivada, ambas alumnas do IES 12 de Outubro, que foron tan amables de enviarnos estas fermosas fotos!



 
 
 
bottom of page