top of page

Benvida Mrs. Ciconia

Nesta altura do ano o noso entorno é decorado con moitas aves que veñen criar e pasar a época estival no hemisferio norte. Dentro desta diversidade estacional tamén podemos aledar a vista coa presenza das cegoñas brancas (Ciconia ciconia), que grazas ao labor de case 35 anos e, despois de moitos proxectos, traballos, apoio institucional nos primeiros anos e incluso unha visita ao mestre Max Bloesch en Suíza, Pablo Oitabén (presidente de Ridimoas) e varios colaboradores imprescindibles, conseguiron que a a poboación de cegoñas en Galicia se recuperase, pasando das 6 parellas que quedaban en 1982, ás 56 a través do "método Max Bloesch" nos anos 90 e até ás máis de 200 actuais. Tamén en Ridimoas e no Ribeiro podemos disfrutar delas desde hai anos grazas a este importante labor.


bottom of page