top of page

Merma dos "cabaliños do demo"

Hai uns días fixemos unha valoración do estado poboacional dos gaiteiros do xénero Calopteryx que crían no regato da Barbaña, na parte baixa do bosque Ridimoas (entre os concellos de Beade e Leiro) e comprobamos que o seu número decaeu moitísimo.

A día de hoxe podemos dicir que tan só se manteñen dúas poboacións razoablemente estables e que coinciden cos lindes norte e leste do espazo forestal de Ridimoas.

O primeiro núcleo está formado exclusivamente pola especie Calopteryx virgo, sobrevive nos arredores da presa do muíño. Os machos presentan unha intensa cor azul e as femias son de cor verde dourada. O segundo núcleo, situado medio quilómetro augas arriba, está formado por unha poboación mixta de Calopteryx virgo e Calopteryx haemorrhoidalis. Os machos desta segunda especie son de cor escura semellante ao viño tinto, sendo as femias de cor verde cobreado coa parte superior das ás máis escuras.

No periodico La Región tamén se fan eco da noticia. Podedes leer o artigo aquí.

bottom of page