top of page

Recuperación dun gabián

  • 11 dic 2014
  • 1 min de lectura

É para nós un pracer compartir convosco unha bonita experiencia acontecida hai uns días!

O 1 de decembro trouxeron a casa de Pablo, o presidente de Ridimoas, un gabián (Accipiter nisus) que unha veciña da localidade de Beiro atopou tirado no chan nas proximidades da súa casa e que parecía estar a piques de morrer: non se tiña de pé e estaba moi asustado ante a presenza humana. A primeira medida foi a de instalalo nun cuarto escuro para que se calmara, xa que os gabiáns son rapinas moi bravas e poden morrer en poucos minutos a causa do pánico producido por seren capturados. Pasadas dúas horas déuselle de beber e Pablo comprobou que o animal sufrira un choque forte contra un coche, ou mesmo contra un tendido eléctrico, ou un cristal... e tiña danado o costado esquerdo sen chegar a fracturar a á.

A experiencia de Pablo adquirida ao longo de moitos anos no Centro de Recuperación de Fauna do Rodicio, do que foi fundador, valeulle para poder atender á ave: non lle deu de comer no primeiro día até que expulsara a egragópila, no segundo día comezou embuchalo e o terceiro día púxoo ao sol (a falta de exposición ao sol perxudica á saúde dos gabiáns) coa cabeza tapada para que non se asustara. Despois diso, Pablo púxose en contacto cun garda de medio ambiente para a posibilidade de trasladar o animal a unha instalación axeitada no centro do Rodicio pero xa non foi preciso porque, ao quinto día, condo tornou poñelo ao sol, o gabián saiu voando, aproveitando a súa segunda oportunidade de supervivencia, eso sí, co papo cheo!

gabian.jpg

Desexámoslle moita sorte!

 
 
 

Comentarios


bottom of page