Landra de aciñeira
- 5 nov 2014
- 1 min de lectura
Foto dunha landra de aciñeira (Quercus rotundifolia) do bosque Ridimoas.
Algunhas das aciñeiras de Ridimoas proceden de landras traídas por alumnos da universidade laboral de Ourense no ano 1987; aquelas landras foron sementadas e as que sobreviviron convertéronse en árbores que xa dan foitos na actualidade.

Nesta foto podemos aprezar as características que diferenzan unha landra de aciñeira dunha landra de carballo: un pedúnculo máis curto e groso, un cascabullo irregular e máis áspero e un ápice máis romo e gordo. Foto: Pablo.
















Comentarios