top of page

Aniversario de Mancha

  • 4 abr 2014
  • 1 min de lectura

Hoxe, día 5 de abril, a egua Mancha cumpre 9 anos. A súa nai foi unha egua alazana de raza galega que fora entregada á asociación Ridimoas polo xulgado número 2 do Carballiño o 17 de maio de 2005 para ser coidada mentres se estaba a resolver un preito entre os anteriores donos do animal. Dita egua fora cuberta por un semental árabe e, cando chegou a Ridimoas, estaba xa en avanzado estado de xestación; 19 días despois disto naceu Mancha.


Cando o preito foi resolto, a xuíz do caso ditaminou que a cría pasase a ser propiedade da asociación Ridimoas, xa que se fixera cargo dela dende o seu nacemento e durante os meses que durara o conflito e asumira tódolos custos de manutención e coidados necesarios.


Cando Mancha cumpriu 3 anos, o presidente de Ridimoas, Pablo Rodríguez, comezou a manexala e cabalgar nela, sen doma previa. Pouco a pouco, o animal foise facendo imprescindible, tanto para subir ó monte coma para os traballos de verán ou de vixilancia do vedado de caza.


En xeral, Mancha é de carácter dócil pero, ás veces, deixa amosar o nerviosismo e a fogosidade do sangue árabe que herdou do semental.


Moitos parabéns!


Foto: Eilún Del Pazo Moa.

 
 
 

Comentarios


bottom of page