top of page

Reservas para o xantar no Mesón A Lareira

Como xa dixemos, o 9 de marzo ás 14:00 xantaremos no Mesón A Lareira. O menú será un bo cocido, viño, postre e café, por un custo de 15€ por persoa. Pregamos ós socios e socias que decidan xantar connosco (poden vir acompañados de amigos e familiares) avisen ata o 5 de marzo no teléfono 988480062 indicando que é para o xantar de Ridimoas. Tamén poden comunicalo no noso email: asociacion@ridimoas.com

Para chegar ó Mesón A Lareira dende o centro do casco urbano de Ribadavia, á beira do río Avia e fronte á igrexa de San Francisco, cóllese a estrada da Arnoia e despois de pasar o río Miño, a 1 km aproximadamente, a man esquerda, xa se chega.

Máis información na páxina web do mesón: http://mesonlareira.com/

bottom of page