top of page
Buscar

2013: O máis salientable

  • Paula Rodríguez Domínguez
  • 5 feb 2014
  • 1 Min. de lectura

A persistencia de Ridimoas aumentando territorio, mellorando hábitats, eliminando mimosas e protexendo a vida silvestre; ben merece encabezar esta sección.


En segundo lugar citamos o Premio Sete Carballas na sección de Medio Ambiente, outorgada a Ridimoas pola fundación Ínsua dos Poetas, na V Festa da Palabra, como homenaxe ó rexurdimento literario do século XIX a través das tres grandes voces: Rosalía de Castro, Manuel Curros Enríquez e Eduardo Pondal; no 150 aniversario de Cantares gallegos.


Tamén é salientable a publicación da última novela, Bícame Frank, de Miguel Anxo Fernández, onde no capítulo 26 volve a ter certa relevancia o bosque Ridimoas.


Como adversidade salientable está a avería do tractor, fundamental nos traballos do bosque, e que nos costou 1.105,38€

 
 
 
bottom of page