CALENDARIO CELTA: mes do Cancereixo
Onte 20 de Xaneiro rematou o mes do bidueiro, e como xa ben di o refrán galego: "Polo vinte de xaneiro unha hora por enteiro", é dicir, que xa gozamos dunha hora máis de luz.
Hoxe, 21, comeza polo tanto o mes do Cancereixo, según o calendario celta. Mes que durará ata o 17 de febreiro. Nome en castelán: Serbal de los Cazadores (Sorbus aucuparia). Nome celta: Luis.
Na foto apréciase que as xemas do Cancereixo están moi inchadas, polo que parece que van agromar nos próximos días. Estaremos atentos para documentalo.
O Cancereixo, distribuido por toda Europa, Siberia e Cáucaso, ten unha lonxevidade duns 100 anos. No bosque Ridimoas vexeta, preferentemente, na paraxe da Barbaña, xa en terras do concello de Leiro.