Notas de campo: 3 de Xaneiro de 2014
O día 3 de xaneiro regresou a primeira cegoña (Ciconia ciconia). Trátase dun macho corpulento que se apoderou do niño do barrio do Lamigueiro de Beade, despois de expulsar a Celia, cegoña residente que non emigra.
Nese mesmo día 3 observamos, na paraxe do Valdasmo do noso bosque, dous pantorrillos (Phoenicurus ochruros) machos en celo, pelexando xa polo territorio de cría. Gustaríanos saber máis nomes galegos destes simpáticos paxariños.