top of page

Convocatoria: Asemblea Xeral Ridimoas 2020

Cumprindo cos estatutos, convocamos aos socios e socias de Ridimoas á Asemblea Xeral Ordinaria que se celebrará o vindeiro día 29 de marzo de 2020 (domingo) no IES O Ribeiro de Ribadavia (Ourense) ás 11:30 horas en primeira convocatoria e ás 12:00 horas en segunda convocatoria, e na que trataremos os seguintes puntos da orde do día:


1. Lectura e aprobación, se procede, da acta da Asemblea Xeral Ordinaria do ano anterior.

2. Informe sobre o estado do bosque Ridimoas e dos traballos realizados en 2019.

3. Informe económico.

4. Actividades para o ano 2020.

5. Rogos e preguntas.


Despois da asemblea terá lugar o tradicional xantar coa súa posterior visita ao bosque.


bottom of page