top of page
Toxo molar (Ulex minor)
A primeira vista este arbusto autóctono identifícase por presentar cor esmeralda, pola densidade dos picos que o recobren dando ás polas un aspecto cilíndrico, por ser de talla pequena (en xeral non supera os dous metros de alto) e por florear máis tarde có toxo arnal. No mes de agosto amosan unha pola florida con chorimas amarelas, en contraste co toxo arnal (Ulex Europaeus) de cor verde esbrancuxada e sen flores nesas datas.
1/3
En Ridimoas o toxo molar é abundante, sobre todo no piñeiral, desaparecendo na carballeira densa. As súas flores hermafroditas son moi visitadas polos insectos e todo el é comido con avidez pola nosa egua, Mancha, que atopa nos toxos un importante alimento ao longo do ano.
​
Para unha maior compresión sobre os toxos e a súa importancia, poden consultar o seguinte artigo.
​
Fotos: Sabela Touza
bottom of page