top of page
Toxo arnal (Ulex europaeus)
Das dúas especies identificadas en Ridimoas, o arnal é o máis bravo e corpulento, podendo observarse en calquera zona do bosque. Trátase dunha leguminosa de sistema radical profundo que, en tempos aÃnda non moi lonxanos tivo unha enorme importancia na obtención de esterco ó mesturarse na corte co excremento do gando. Tamén as estacas e leña de toxo foron moi aprezadas polos labregos.



1/2
Na primavera e outono, as flores amarelas (chorimas) acadan a máxima floración. Estas flores teñen propiedades antiespasmódicas; as sementes resultan tóxicas.
As toxeiras forman refuxios impenetrables onde crÃan moitos paxaros, insectos, arácnidos e algúns mamÃferos.
Fotos: Valeiras
bottom of page