top of page
Silva (Rubus ulmifolius)
Unha antiga adiviñanza describe a esta abundantÃsima rosácea no enigma da súa pregunta: "Longa como unha soga, con dentes como unha loba". A silva, en Ridimoas pode verse tanto no interior do bosque como á beira de camiños. O maior silveiral do noso bosque atópase nun monte na paraxe da Anduriñeira, asentado nunha ladeira de exposición leste con solo fresco de antiga viña e boa insolación, onde compite cos piñeiros que con dificultade tratan de recuperar o espazo perdido nun incendio de finais dos anos setenta.


1/1
Os silveirais, por formaren matugueiras impenetrables, teñen gran importancia ecolóxica ó serviren de refuxio e lugar de crÃa a unha variadÃsima fauna; ademais os seus abundantes froitos: as moras, son consomidas por moitos animais do mesmo xeito que as súas flores son visitadas por insectos. No Ribeiro tamén é popular o refrán: "Mora madura, pinta a uva"
Foto: Pablo Oitabén.
bottom of page