Ra (Rana perezi)
Anfibio escaso en Ridimoas por ausencia de hábitat propicio, reducÃndose a súa presenza estable a tres pequenas pozas nas paraxes de Covelo, Barbaña e Sanchegada. Ata agora non a temos observado no regato de Caldelas ó paso polo noso bosque.


O seu nome específico, perezi, venlle de Laureano Pérez Arcas (1824 - 1894) que foi catedrático de zooloxía e profesor de universidade en Madrid onde coñeceu ó naturalista galego, Víctor López Seoane. En homenaxe a tan ilustre profesor, Seoane púxolle á nosa ra o nome científico de Rana perezi que é tanto como dicir: ra de Pérez.
As ras adultas son bastante corpulentas e en xeral presentan, por enriba e polos lados, cor verde cunha liña vertebral clara; manchas negras, barriga abrancazada e trazos escuros nos zancos. Algúns espécimes teñen o terzo traseiro bastante escuro. Aliméntanse de artrópodos, moluscos, vermes, etc.
Fotos: Cervinho.