top of page
Peto real (Dendrocopos major)
O peto real ou paxaro carpinteiro foi a nosa ave do ano 2014 pois, por distintas circunstancias, aparece citado repetidas veces no diario do bosque. En Ridimoas é frecuente ver a esta fermosa ave da familia Picidae que co seu peteiro labra buratos no tronco das árbores e que na primavera anima a paisaxe sonora cos seus tamborileos. Os datos biométricos dun macho foron: peso, 85gramos; longo total, 23 centÃmetros; envergadura, 40 centÃmetros. Nos individuos adultos o macho diferénciase da femia por presentar unha mancha vermella na traseira da cabeza (ela non ten cor vermella na cabeza). Pola súa parte, os xuvenÃs teñen a mancha vermella na dianteira da cabeza. A alimentación do peto real baséase en insectos, principalmente xilófagos, pero tamén lle temos visto comer arañas, abelás, noces e piñóns.
A Asociación Ridimoas agradécelle ao fotógrafo Mani Moretón a secuencia filmada, desinteresadamente, o pasado 30 de maio de 2014 na parcela 27 do polÃgono 12 do noso querido bosque. Nas imaxes filmadas podemos ver detalles da crianza do peto real e con elas queremos dar novo alento ás persoas comprometidas na conservación e defensa da vida silvestre.
bottom of page