top of page

Os sistemas agrosilvopastorais, tan biodiversos como produtivos, son a mellor estratexia para evitar os incendios forestais. Os montes así tratados son sempre os menos afectados polo lume, ó tempo que permiten unha explotación sostible dos recursos mantendo unha grande variedade de usos agrícolas, gandeiros e silvícolas compatibles coa conservación dunha enorme variedade de flora e fauna silvestres.

 

O abandono do medio rural rexistrado na provincia de Ourense, nos últimos 25 anos, ten feito que moitos destes sistemas se perderan, substituídos por grandes superficies incultas de toxos, xestas, uces ou acacias que, en xeral, rematan ardendo en intervalos de entre 5 e 10 anos; por iso a recuperación destes sistemas agrosilvopastorais, compatibilizando o manexo do gando coa existencia de arborado é a mellor estratexia para a prevención do lume. O tipo de gando débese escoller en función da vexetación existente. Cando no mato predominan as plantas leñosas, os cabalos e as cabras son as mellores especies para controlar a medra desta vexetación. As experiencias galegas indícannos que cargas gandeiras de entre 1 cabalo cada 2-4 hectáreas ou 1-2 cabras por hectárea dan bos resultados. Cando o que predominan son especies herbáceas ou se fixo unha roza previa do monte, ovellas e vacas son os animais máis axeitados. Neste caso, cargas gandeiras de entre 0,5-1 vacas ou 4-6 ovellas por hectárea  tamén dan moi bos resultados. 

 

 

 

O GANDO E O MONTE 

 

Autor: Alfredo Rúa.

Ano: 2005

 

 

 

 

Do anteior dedúcese que unha carga gandeira correcta, así como un sistema de rotación nas parcelas pastadas, compatibilizan estes sistemas coa recuperación de masas arbóreas autóctonas. Para o desenvolvemento deste tipo de actividades fai falla contar con animales rústicos, como as nosas razas galegas de vacas, ovellas e cabalos; así como dotar ós montes de sistemas de cercados que permitan manexar, conter e rotar o gando en parcelas concretas, sen impedir a libre circulación da fauna silvestre. Por outra banda as carnes producidas neste tipo de explotacións son dunha elevada calidade tanto organoléptica como sanitaria, libres de residuos e contaminantes tal e como demandan as sociedades modernas.

 

 

Boletín 2005 de Ridimoas

Fotos: Moncho.

 

bottom of page