Moucho (Athene noctua)
Pequena ave de rapina nocturna, de ollos amarelos e peso máximo de 200 gramos. En Ridimoas o moucho é sedentario e está presente na contorna da igrexa de Beade onde resulta doado velo pola noite, pousado enriba dalgún cruceiro. Outras paraxes catastrais, do polÃgono 12, nas que canta ás noitiñas (principalmente desde mediados de decembro) son: Chousa, Poenxo e Figueira da Viña, no mesmo linde sur do refuxio de fauna. Témolo tamén visto na paraxe do Valdasmo, onde posiblemente se solapen os territorios antes citados, cos da igrexa. Máis lonxe tamén canta no val do rÃo Avia.


A súa voz ten variacións, sendo as máis caracterÃsticas: miu, miu...mouuu, mouuu. Na época de reproducción a femia pon de 2 a 7 ovos que choca en 22 dÃas. Aliméntase, básicamente, de insectos e micromamÃferos.
Foto: Xabier Carreira.