top of page
Matabois (Gryllotalpa gryllotalpa)
Coñecido tamén por "alarvio das cebolas", é un ortóptero gordo, de cor abrancazada tirando a ocre. Por agora é localmente abundante na paraxe do Pombal, de exposición leste, onde as viñas chegan a entrar no mesmo casco urbano de Beade. O matabois canta dentro do seu burato co cu para afora, aproveitando a cavidade como caixa de resonancia; e resulta tan intenso o seu grilar que as fortes vibracións emitidas son percibidas polo camiñante a un metro de distancia.


1/1
CaracterÃzase o seu canto pola ausencia de pausas e polo timbre especÃfico. Pese ó seu aspecto pesado, pode voar, pois ten ás posteriores capacitadas para o voo. Aliméntase de bulbos, raÃces, tubérculos e larvas doutros insectos. Despois da posta, a femia coida dos ovos.
Foto: Xusto Veloso.
bottom of page