top of page
Madreselva (Lonicera periclymenum)
Planta gateadora leñosa que pode acadar os tres metros de altura, abundante en Ridimoas, onde vexeta nas beiras dos camiños, enroscándose en arbustos e árbores. As flores, ó principio, son de cor branca amarelenta con pintas vermellas no ápice; pero despois da polinización tórnanse alaranxadas, desprendendo un delicado aroma moi perceptible nalgúns hábitats do bosque. As follas de madreselva constitúen o alimento das larvas negras da bolboreta diurna Euphydryas aurinia que as invaden dende os primeiros dÃas da primavera. As bagas, de cor vermella, non son comestibles.


1/1
Foto: Xusto Veloso.
bottom of page