top of page

Libélula (Gomphus simillimus)

Odonato duns 50 milímetros de tamaño, clasificado na familia Gomphhidae que agrupa libélulas grandes con ollos separados na cabeza e manchas específicas nas tóras e abdomen. A imaxe adxunta corresponde a unha femia (identificada para nós por Vicente Gracia) que no mes de agosto frecuentaba un bebedeiro arteficial na paraxe do Valdasmo.

A chegada das grandes libélulas ás zonas máis áridas do bosque coinciden cos voos nupciais das formigas. Acontece en xullo cando as formigas pletóricas de hormonas sexuais forman enxames que sobrevoan o terreo a poucos metros de altura; e é neses momentos cando as libélulas atacan coas patas colocadas en forma de pequeno cesto. Ás veces, dúas ou máis libélulas combinan os seus ataques aéreos con pasadas de gran precisión, capturando moitas formigas aladas que son devoradas inmediatamente.

 

 

Foto: Pablo Oitabén

 

 

bottom of page