top of page

Lagarta do monte (Psammodromus algirus)

Consideramos que é o lacértido máis abundante de Ridimoas. É bastante grande, pois pode chegar ós 27 centrímetros de lonxitude, dos que máis de dous terzos lle corresponden ó rabo. Na época de celo, os machos exhiben cor laranxa na gorxa e ocelos azuis nos costados; mentres que as femias, de cor parda, presentan liñas negras e claras, lonxitudinais, moi visibles. Os xuvenís mostran dúas liñas lonxitudinais abrancazadas con rabo e patas traseiras de cor vermella.

No diario do ano pasado, fixemos constar unha importante actividade destes lacértidos, desde o once de marzo ata finais de maio. Tamén tivemos ocasión de observar en agosto a un individuo cazando un saltón de ás azuis, na subida do camiño das Regadas. 

 

A reproducción é ovípara. A femia pon unha media de 6 ovos, en buratos que ela mesma fai entre as raíces das matogueiras ou debaixo das pedras.

 

Fotos: Diz.

 

bottom of page