Estralote (Digitalis purpurea)
De maio a xullo, os estralotes lucen a cor maxenta das súas flores por todo o bosque. En Ridimoas son abundantísimos especialmente nas beiras frescas dos camiños e nas terras nitroxenadas dos acaciais despois da eliminación de mimosas. O estralote, de familia Escrofulariaceae é planta bianual ou vivaz que no primeiro ano de existencia só emite follas baixas e no segundo é cando eleva o talo con acios de flores colgantes para o mesmo lado.




O nome galego de estralote fai mención á particularidade de estralar cando apertamos unha flor cos dedos índice e polgar, tapándolle a boca e comprimido o aire da bolsa cara o interior.
Os animais evitan comer esta planta por serlle velenosa. O seu principio activo é un forte tónico cardíaco.
Fotos: Cervinho.